Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feridas dúas persoas ao caer co seu vehículo ao mar en Boiro

Feridas dúas persoas ao caer co seu vehículo ao mar en Boiro

Lograron saír do turismo polos seus propios medios

Coche que se precipitou ao mar nas proximidades da depuradora de Esteiro/ Bombeiros de Boiro Coche que se precipitou ao mar nas proximidades da depuradora de Esteiro/ Bombeiros de Boiro
G24.gal 03/12/2022 13:02

Dúas persoas foron evacuadas a un centro médico despois de sufrir unha saída de vía co seu coche en Esteiro, no concello de Boiro, e acabar o vehículo caendo ao mar nas proximidades dunha depuradora de Cabo de Cruz.

Unha testemuña do accidente chamou ao 112 sobre as 00:30 horas deste sábado para informar de que un vehículo se precipitoura ao mar na parroquia de Castro. Malia que o turismo finalizou parcialmente mergullado, os dous ocupantes conseguiron saír polos seus propios medios, informa Emerxencias.

Finalmente, un dos afectados foi trasladado en ambulancia polo equipo médico mentres que o outro foi evacuado por familiares.

Para prestarlles axuda aos implicados e xestionar a retirada do vehículo, desde o 112 informouse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á dotación do parque comarcal de Bombeiros de Boiro, aos axentes da Garda Civil e aos efectivos do servizo municipal de Protección Civil da localidade. Ademais, informouse a Policía Local, ao Servizo de Gardacostas e ao persoal de Portos de Galicia, pero non chegaron a intervir.

Noutro sinistro nunha colisión frontal entre dous turismos na AC-552 ao seu paso por Arteixo (A Coruña), á altura do punto quilométrico 9, finalizou con catro persoas feridas na noite do venres. Os Bombeiros tiveron que liberar un dos ocupantes dun dos turismos. O accidente produciuse no cruzamento entre a Avenida de Fisterra e a costa de María Pita. As catro persoas feridas viaxaban no mesmo vehículo e todas elas foron evacuadas a un centro hospitalario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade