Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferida unha muller tras arder por completo a súa vivenda en Moaña

Ferida unha muller tras arder por completo a súa vivenda en Moaña

As lapas afectaron outros dous andares do mesmo edificio

G24.gal 17/07/2022 11:15 Última actualización 17/07/2022 14:38

Susto o que levaron na madrugada deste domingo os veciños do barrio do Rosal en Moaña, e en particular os da rúa As Barxas. Minutos antes das dúas da madrugada sorprendéronos as lapas no terceiro andar dun edificio situado no número 14 desa rúa, con varias persoas atrapadas.

O fogo comezou no comedor e o incendio afectou ás vivendas contiguas, polo que se desaloxou por completo o andar. As lapas saían polos balcóns e as xanelas da vivenda.

Os propietarios do piso estaban no interior cando se orixinou o lume. Fuxiron co posto rachando unha vidreira de separación entre as terrazas co edificio colídante.

Unha muller precisou asistencia sanitaria e trasladárona ao Hospital Povisa de Vigo mentres concluían os traballos de extinción. Ata o lugar desprazáronse axentes da Garda Civil, da Policía Local, e sanitarios do 061 cunha ambulancia medicalizada. Os Bombeiros do Morrazo encargáronse da extinción do lume.

Agora tratan de investigar as causas que orixinaron o incendio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade