Publicador de contidos
Publicador de contidos

Felipe Miñambres nin confirma nin desmente o preacordo do Levante con Claudio

Felipe Miñambres nin confirma nin desmente o preacordo do Levante con Claudio

O Celta non ten constancia de que teña que pagar unha indemnización polo contrato do seu adestrador

G24.gal 02/05/2024 20:46

Este xoves atendeu os medios o adestrador e director deportivo do Levante Felipe Miñambres, que no seu momento estivera no Celta. A Miñambres preguntáronlle polo preacordo con Claudio Giráldez para a vindeira temporada e a indemnización pola liberación do seu contrato. 

Felipe non quixo pronunciarse sobre as diferentes informacións que explicaron que Giráldez tiña acordada a súa fichaxe co Levante para a temporada 2024-25. "Nin confirmo nin desminto. Non vou falar de temas que non teñen que ver, as cousas saberanse cando se teñan que saber. Non é momento. Na miña cabeza hai cousas máis importantes que este tema", comentou o director deportivo do Levante na previa do partido ante o Vilarreal B. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar