Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feijóo reivindica o legado de Fraga na "unificación" do centro-dereita

Feijóo reivindica o legado de Fraga na "unificación" do centro-dereita

O PP homenaxea o político cunha ofrenda floral en Vilalba

G24.gal 15/01/2022 19:18

O Partido Popular de Galicia lembrou a Manuel Fraga Iribarne no décimo aniversario do seu pasamento cunha ofrenda floral en Vilalba, fronte á casa natal e o busto do finado.

Na vila luguesa, Alberto Núñez Feijóo reivindicou o seu legado na Transición española, na redacción da Constitución vixente e na unificación do centro-dereita político. Segundo dixo, a mellor homenaxe "é continuar co seu legado de construír un PP maioritario en Galicia e en España".

O líder do PPdeG salientou que o seu predecesor fixo que o noso país gañara autoestima e prestixio no mundo e lembrou a frase que repetía con frecuencia: "Galicia por riba de todo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade