Feijóo reafirma o compromiso da Xunta para que a planta téxtil Altri se instale en Lugo
Nunha entrevista no xornal El Progreso o presidente da Xunta asegura que é un proxecto único en España que podería crear 1.500 empregos
Diario de Pontevedra destaca que Feijóo quere que Ence se manteña na localización actual, e apoiarán as empresas que pidan fondos da UE para instalarse en Pontevedra
O presidente da Xunta reafirma o compromiso do Goberno galego para que a planta de fibras téxtiles Altri se instale na provincia de Lugo. É unha factoría que podería supoñer a creación de 1.500 postos de traballo.
Nunha entrevista no xornal El Progreso, Feijóo asegura que o de Altri é un proxecto único en España e que o Goberno galego o quere en Lugo, pese a que nos últimos días se coñeceron intereses por intentar levalo cara a outros lugares.
Nesa entrevista tamén falou doutros proxectos industriais. Diario de Pontevedra destaca que Feijóo quere que Ence se manteña na localización actual e ofrece o seu apoio para outras empresas que pidan fondos da Unión Europea para instalarse na comarca pontevedresa.