Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feijóo propón ampliar a tarifa plana de autónomos aos mozos ata 35 anos

Feijóo propón ampliar a tarifa plana de autónomos aos mozos ata 35 anos

É unha das medidas que presentou na convención do PP centrada na xuventude

G24.gal 24/10/2022 15:01

O líder popular abordou os retos aos que se enfrontan os mozos, como o emprego, a vivenda e a educación, e acusou o Goberno de querer controlar os máis novos a través de subvencións. Feijóo presentou varias propostas que incluirá no futuro programa electoral para facilitar a conciliación e o acceso ao mercado laboral.

"Facilitar o emprego, a iniciativa e o emprendemento con deducións fiscais, con rebaixa de cotas na Seguridade Social e con tarifa plana para os autónomos menores de 35 son políticas concretas. Non penso resignarme a que os mozos teñades que vivir nunha crise permanente", dixo o presidente do Partido Popular.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade