Feijóo pídelle a Vox, PNV e Coalición Canaria que o apoien para unha investidura
Feijóo pídelle a Vox, PNV e Coalición Canaria que o apoien para unha investidura
O líder dos populares admite que non acadou as expectativas, pero non se rrepinte de buscar gañar por moito
Asegura que xa conseguiu o apoio do representante de UPN
O candidato do PP, Alberto Núñez Feijóo, revelou nun discurso ante o seu partido que contactou xa tanto con Vox como co PNV para lograr a súa investidura como presidente do Goberno, para a que xa logrou o si de UPN e está nese "camiño" con Coalición Canaria.
Feijóo informou da súa rolda de conversacións, que empezou onte con Pedro Sánchez, durante a súa intervención en aberto ante a Xunta Directiva Nacional, da que forman parte os baróns da formación, aos que reuniu tras gañar as eleccións xerais con 136 escanos, pero sen lograr unha maioría suficiente para formar goberno.
Feijóo debuxou ante o seus tres escenarios: que goberne o máis votado, o bloqueo ou que "todos os que perderon exploren unha maioría alternativa co apoio explícito ou tácito de partidos populistas e independentistas".
Os dirixentes do PP pecharon filas en público co seu líder, a pesar de que en privado poñen en dúbida a posibilidade de construír unha maioría que leve á Moncloa, o que conduciría a unha repetición electoral ou a un novo goberno de Pedro Sánchez apoiado nas forzas independentistas.