Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feijóo e Almeida visitan en Vigo a exposición do arquitecto Antonio Palacios

Feijóo e Almeida visitan en Vigo a exposición do arquitecto Antonio Palacios

Martínez-Almeida destaca que a Palacios "sentímolo como madrileño" porque deseñou o logo do Metro e o edificio de Comunicacións de Cibeles

G24.gal 04/12/2021 18:23

O presidente da Xunta de Galicia e o alcalde de Madrid visitaron este mediodía a exposición da obra do arquitecto porriñés Antonio Palacios no Museo do Mar en Vigo.

Cualificárono como "visionario" polos seus aportes de modernidade á arquitectura galega e madrileña. Os dous políticos falaron do seu paso polo Palacio de Comunicacións de Madrid, relacionado coas súas carreiras políticas, ou edificios comerciais da Gran Vía.

Núñez Feijóo lembrou que el non ocupou despacho en Cibeles porque Correos cando el chegou trasladou a súa sede.

Unha maqueta de resina de alta densidade do deseño urbanístico de Vigo dos anos 30, aprobado e despois revogado, cun pazo rexional é unha das pezas máis destacables da exposición.

É unha creación de dous alumnos e un profesor do Instituto Politécnico de Vigo que recibiron os parabéns de todos.

Almeida dixo que Palacios era un galego "indescifrable" pero que o senten madrileño polas súas obras, como Correos, Belas Artes, o Casino ou no logotipo do Metro. O alcalde de Madrid propuxo que a exposición se leve a Madrid cando remate o seu paso por Galicia.


 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade