Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece unha muller en Cangas tras caer polas escaleiras

Falece unha muller en Cangas tras caer polas escaleiras

 A muller tiña a cara desfigurada, posiblemente como consecuencia do impacto contra o chan

G24.gal 30/05/2022 14:56

O cadáver dunha muller de 60 anos apareceu a primeira hora da mañá deste luns no portal do edificio no que residía, na rúa Redondela, en Cangas do Morrazo, tras sufrir unha caída polas escaleiras do inmoble, segundo as primeiras investigacións.

Aínda está pendente a autopsia, a Garda Civil cre que a muller caeu polas escaleiras e que nada fai pensar que non se trate dunha morte accidental.  A muller tiña a cara desfigurada, posiblemente como consecuencia do impacto contra o chan.

O cadáver da muller foi atopado por uns veciños do inmoble, no que a vítima residía desde fai un par de meses.

Os veciños avisaron á Policía Local e estes a os servizos sanitarios, que certificaron o falecemento ao oito e dez da mañá. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos