Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha moza de 19 anos falece ao perder o control do seu coche en Ponteareas

Unha moza de 19 anos falece ao perder o control do seu coche en Ponteareas

Sufriu unha saída de vía na estrada PO-254 á altura de Pías

A vítima, residente en Mondariz, ía xogar un partido de fútbol

O coche que conducía a vítima
G24.gal 10/03/2024 11:54 Última actualización 10/03/2024 14:42

Unha moza de 19 anos morreu este domingo tras perder o control do vehículo que conducía na estada PO-254 en Ponteareas. O accidente produciuse no quilómetro 4, á altura da parroquia de Pías.

Por causas que se están a investigar, saíu da vía e acabou nun desnivel tras bater contra algunhas árbores. Un ciclista alertou do sinistro pouco antes das dez da maña.

Os bombeiros tiveron que estabilizar o vehículo, un Renault Clio, e posteriormente liberar a vítima, pero xa non se puido facer nada por salvarlle a vida.

A rapaza saíra da súa casa de Riofrío, en Mondariz, e ía recoller unha compañeira do seu equipo de fútbol, o Spórting San Mateo, para dirixirse á parroquia de Cacheiras (Teo), onde ían xogar un partido que se anulou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade