Falece un traballador tras caer no interior dunha formigoneira en Salvaterra
Foron mobilizados os bombeiros do Baixo Miño para liberar o operario, que quedou atrapado no interior da cuba do vehículo

Un traballador, de 45 anos e orixe portuguesa, faleceu esta mañá tras caer no interior da formigoneira que limpaba. Aconteceu no lugar Chan da Salgosa, en Salvaterra do Miño, na empresa Áridos do Mendo.
Segundo informou o 112, ademais dos sanitarios, foron mobilizados os bombeiros do Baixo Miño para liberar ao operario, que quedou atrapado no interior da cuba do vehículo.
🔴 #AXEGAInforma dun traballador falecido tras caer no interior da formigoneira que limpaba, en #SalvaterradeMiño.
— 112Galicia (@112Galicia) May 16, 2023
Ademais dos sanitarios, interveñen os #BombeirosBaixoMiño para liberar ao operario, que quedou atrapado no interior da cuba do vehículo. pic.twitter.com/yLc77yErYb