Cargando resultados...
Falece un motorista en Tui ao bater contra un poste na parroquia de Rebordáns
Ocorreu despois das nove da pasada noite na estrada PO-342
.jpeg)
G24.gal
30/07/2023 08:14
Última actualización 30/07/2023 10:25
Un motorista faleceu despois das nove da pasada noite ao saír da vía e bater contra un poste da estrada PO-342, ao seu paso pola parroquia de Rebordáns, no concello de Tui.
Un compañeiro da vítima púxose en contacto coa central de emerxencias, alertando de que o condutor da moto se atopaba inconsciente.
Ata o lugar do accidente acudiu persoal sanitario do 061, axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, así como efectivos de Protección Civil. Porén, nada puideron facer por salvarlle a vida.
