Publicador de contidos

Publicador de contidos

En liberdade o condutor que atropelou mortalmente un motorista de 50 anos en Lugo

En liberdade o condutor que atropelou mortalmente un motorista de 50 anos en Lugo

O home terá que presentarse todas as semanas no xulgado e non poderá conducir vehículos nin saír do país

O autor do atropelo, un veciño da cidade de 65 anos, deu unha taxa en alcol tres veces superior á permitida pola lei

G24.gal 27/09/2022 12:16 Última actualización 27/09/2022 20:29

Queda en liberdade o condutor detido en Lugo por homicidio imprudente, tras levar por diante un motorista de cincuenta anos que estaba parado nun semáforo. O home terá  que comparecer semanalmente no xulgado, retiróuselle o carné de conducir e o pasaporte.

O condutor triplicaba a taxa de alcol permitida pola lei cando foi sometido á proba. O  motorista faleceu a causa do impacto

O accidente produciuse ás 23:30 horas da pasada noite na confluencia da Rolda do Carme coa Rúa Santiago. O condutor impactou co seu vehículo contra a moto parada.

A causa do golpe, a motocicleta foi desprazada “violentamente” e o condutor quedou tirado sobre a calzada.

O médico do 061 que acudiu no seu auxilio só puido certificar o seu falecemento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade