Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un ciclista tras chocar cun portal no barrio do Peruleiro, na Coruña

Falece un ciclista tras chocar cun portal no barrio do Peruleiro, na Coruña

O accidentado xa falecera cando chegou ao lugar unha UVI móbil avisada polo 112

G24.gal 06/03/2022 19:20

Este domingo pola tarde falecía un ciclista na Coruña tras chocar contra o portal dun edificio do barrio do Peruleiro.

O home tiña 36 anos. Descendía na bicicleta por unha rúa con moito desnivel. Aínda non está claro o motivo polo que non xirou á esquerda no cruzamento e bateu contra a casa. A Policía intenta esclarecer se o accidente se debeu a un fallo nos freos, a un exceso de velocidade ou a unha combinación dos dous factores.

A UVI móbil alertada polo 112 non puido facer nada por salvarlle a vida, pois cando chegou o home xa morrera.

A Policía Local da Coruña investiga as circunstancias do tráxico suceso e analiza a bicicleta para determinar se houbo algún fallo mecánico.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade