Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un ancián na Coruña ao caer polas escaleiras no interior do garaxe que rexentaba

Falece un ancián na Coruña ao caer polas escaleiras no interior do garaxe que rexentaba

A súa muller presenciou o accidente e pediu auxilio a berros

Os sanitarios non lograron reanimar o nonaxenario

G24.gal 12/12/2025 14:49

Pasaban das sete e media da tarde deste xoves cando o propietario dun garaxe da avenida de Oza, no barrio coruñés dos Castros, sufriu unha caída de xeito accidental nas escaleiras do interior do local. 

"Aí hai unha oficina e para ir a ela hai que subir por unhas escaleiras que están moi empinadas. E caeu", conta unha veciña.

A súa muller presenciou o accidente e, sen perder un intre, pediu auxilio.

"A muller empezou a berrar e aí xuntouse moita xente". "Viñeron varias ambulancias, pero non puideron facer nada. Xa falecera".

Un suceso que causou pesar e conmoción entre os veciños.

"Era moi boa persoa. Sempre estaba aí sentado á porta do garaxe coa súa muller". "Dá moita pena".

Fontes policiais confirmaron que se tratou dun accidente fortuíto e desbotaron calquera indicio delituoso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade