Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece José Enrique Serrano, ex-xefe de gabinete con Felipe González e José Luis Rodríguez Zapatero

Falece José Enrique Serrano, ex-xefe de gabinete con Felipe González e José Luis Rodríguez Zapatero

Tamén traballou con Joaquín Almunia, Alfredo Pérez Rubalcaba e Pedro Sánchez, e foi considerado un experto negociador e muñidor de pactos políticos

Foto de arquivo/Europa Press Foto de arquivo/Europa Press
G24.gal 10/06/2025 23:22

O que fora xefe de gabinete dos expresidentes socialistas Felipe González e José Luis Rodríguez Zapatero, José Enrique Serrano, faleceu aos 75 anos.

Serrano era licenciado de Dereito do Traballo na Universidade Complutense de Madrid, na que ademais foi secretario xeral e profesor.

Na súa actividade pública destacou tamén como director xeneral de Persoal do Ministerio de Defensa, secretario xeral da vicepresidencia do Goberno e subdirector do gabinete da Presidencia do Goberno.

Serrano foi xefe de gabinete dos expresidentes socialistas Felipe González e José Luis Rodríguez Zapatero, ademais de estreito colaborador do exministro Alfredo Pérez Rubalcaba, e un experto negociador e muñidor de pactos políticos.

Tamén pasou polo Congreso como deputado por Madrid na X Lexislatura, onde foi presidente da Comisión de Orzamentos, vicepresidente da Comisión de Defensa e membro da Deputación Permanente e relatora dunha decena de leis no grupo parlamentario do PSOE.

Serrano incorporouse tras as eleccións xerais de 2016 como membro do equipo negociador do PSOE para a investidura, entón errada, do actual presidente do Goberno, Pedro Sánchez.

En 2024, o Goberno de España condecorou a Serrano coa Medalla da Orde do Mérito Constitucional destacando "a súa actividade ao servizo da Constitución e dos valores e principios nela establecidos".

Reaccións

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, cualificou a figura de Serrano como "irrepetible".

"Fixo da discreción un oficio e da eficacia unha actitude. Cunha lealdade á altura do seu compromiso, José Enrique fixo escola", sinalou Sánchez nunha publicado en X.

A vicepresidenta primeira e ministra de Facenda, María Jesús Montero, describiu a Serrano como "un home sabio e xeneroso que dedicou a súa vida para facer de España un país máis xusto, con máis dereitos e maiores liberdades".

"A familia socialista non esquecerá nunca o seu gran legado e o seu exemplo", reaccionou. 

Un gran tipo. Brillante, discreto e bondadoso", afirmou o ministro de Transportes, Óscar Puente.

A presidenta do Congreso, Francina Armengol, expresou que co falecemento de José Enrique Serrano "perdemos unha persoa comprometida coas ideas progresistas" e "un servidor público que dedicou a súa vida ao interese da cidadanía".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade