Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece o director de fotografía e restaurador Juan Mariné aos 104 anos

Falece o director de fotografía e restaurador Juan Mariné aos 104 anos

Recoñecido co Goya de Honra en 2024, fixo 150 películas e traballou con José María Forqué, Pedro Masó ou Fernando Fernán Gómez

Arquivo/Enrique Cidoncha/Academia de Cine Arquivo/Enrique Cidoncha/Academia de Cine
G24.gal 18/02/2025 11:05

O director de fotografía e restaurador de películas Juan Mariné faleceu este luns en Madrid aos 104 anos, segundo informou a Academia de Cine a través da súa web e das súas contas en redes sociais.

Falar de Mariné é falar de historia do cinema. Na súa dilatada carreira profesional fixo 150 películas e traballou con Pedro Lazaga, José María Forqué, Pedro Masó ou Fernando Fernán Gómez.

Restaurador de películas antigas, foi recoñecido co Goya de Honra en 2024, tanto á dirección de fotografía como á investigación e restauración.

70 anos de entrega ao cinema

O inicio de Mariné no cinema foi precoz, aos 13 anos, na curta 'O oitavo mandamento'. Foi case por casualidade; permitíronlle participar porque lle encargaran entregar unhas cámaras novas na rodaxe e só el sabía poñelas en funcionamento.

Mariné foi fotógrafo de guerra, coñeceu o campo de prisioneiros de La Rinconada, en Sevilla, e gravou o enterro de Buenaventura Durruti en 1936. No ano 1947 debuta como director de fotografía, e xa non pararía ata a súa retirada en 1990. Fixo 150 películas e traballou con Pedro Lazaga, José María Forqué, Pedro Masó ou Fernando Fernán Gómez.

Segundo indica a Academia, Orson Welles quixo contar con el para impartir unhas conferencias na Universidade de California, pero Mariné rexeitou a oferta porque preferiu evitar o mundo de Hollywood.

Grazas ao seu traballo como restaurador, para o que inventou diversos artefactos, como unha copiadora óptica ou unha máquina de lavar negativos, logrou a recuperación de vellas películas. Na ECAM instalou o seu laboratorio.

Premio Nacional de Cinematografía, Premio Nacional de Fotografía, Medalla de Ouro da Academia, Espiga de Honra da Seminci de Valladolid ou Medalla de Ouro das Belas Artes, son algúns dos recoñecementos que iluminan a traxectoria profesional daquel neno que quixo aprender a ler antes de tempo para poder comprender os subtítulos das películas mudas do seu admirado Charles Chaplin.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade