Exposición de homenaxe a Fuxan os Ventos no 50 aniversario da súa creación
A exposición amosa toda a discografía do grupo, fotos antigas ou carteis exclusivos
Todos os obxectos expostos son da colección particular dun libreiro de Lugo
Medio século despois da creación de Fuxan os Ventos, Xosé Manuel decidiu renderlles unha modesta homenaxe no seu negocio de libros de segunda man en Lugo. Unha exposición onde atopamos toda a discografía, fotos ou carteis case únicos.
Case quince anos despois do último concerto de Fuxan os Ventos cre que este 50 aniversario da creación do grupo, que se cumprirá o vindeiro mes de outubro, podería ser un gran momento para o reencontro.
A inauguración do agardado auditorio de Lugo, que vai levar o nome de Fuxan os Ventos, podería ser, segundo este libreiro, o momento perfecto para ver de novo os integrantes do grupo enriba dun escenario.