Cargando resultados...
Exhibición do Pontevedra no campo do Avilés (0-3)
G24.gal
21/11/2021 14:45
O Pontevedra volveu demostrar o seu gran momento, sobre todo como visitante, e gañou nun campo en que ninguén o fixera ata o de agora. O Avilés non foi rival para os pontevedreses, que se adiantaron no minuto dous cun gol de Abelenda. No segundo tempo, o Pontevedra sentenciou á contra. Primeiro Charles e logo Yelko fixeron o 0-3, que fai do equipo granate o mellor visitante do campionato.