Publicador de contidos

Publicador de contidos

Evenepoel dá un golpe de autoridade na penúltima etapa de montaña

Evenepoel dá un golpe de autoridade na penúltima etapa de montaña

Gaña na subida ao Piornal e xa lle saca 2:07 a Enric Mas

O ciclista do Movistar atacou durante a ascensión

Jay Vine abandona a Vuelta logo dunha caída

EFE/Javier Lizón
G24.gal 08/09/2022 19:05

Remco Evenepoel ratificou a súa condición de líder na penúltima etapa de montaña da Vuelta a España. O ciclista belga deu un golpe de autoridade na subida ao Piornal, porto de primeira categoría en que terminaba a etapa. 

Era unha das últimas oportunidades para poñer en problemas o xersei vermello, e Evenepoel superouna con nota.

O día empezou con susto, unha caída masiva en que se viron implicados Carlos Rodriguez, cuarto na xeral, e o líder da montaña Jay Vine, que tivo que abandonar a carreira.

A última ascensión converteuse nun man a man entre os dous primeiros da clasificación. Evenepoel deu unha nova mostra de forza. Saltou a todos os ataques que lanzou Enric Mas e mesmo contraatacou. Evenepoel volveu demostrar ser o máis forte, gañou a etapa e sacoulle dous segundos na liña de meta a Mas, que agora está a 2:07. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade