Publicador de contidos

Publicador de contidos

Evacúan pasaxeiros do metro de Bilbao polo fume da explosión dun móbil

Evacúan pasaxeiros do metro de Bilbao polo fume da explosión dun móbil

O suceso produciuse na estación de Leioa, na marxe dereita da ría de Nervión, sen afectar a circulación

Arquivo (Europa Press) Arquivo (Europa Press)
G24.gal 16/02/2026 09:57

O fume provocado pola explosión da batería do teléfono móbil dun pasaxeiro no interior dunha unidade de Metro Bilbao obrigou a evacuar os usuarios ao exterior.

Ocorreu este luns contra ás 8:30 na estación de Leioa, na marxe dereita da ría de Nervión.

A persoa propietaria do teléfono avariado foi atendida polo persoal da estación así como polos sanitarios, que foron avisados como marca o protocolo de actuación para este tipo de circunstancias, precisaron.

Pese ao incidente non houbo afeccións na circulación, máis alá de evacuarse o tren, e o resto de pasaxeiros puideron tomar o seguinte metro para desprazarse aos seus destinos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade