Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detida unha muller por matar a súa parella en Bilbao

Detida unha muller por matar a súa parella en Bilbao

Axentes da Ertzaintza atoparon o corpo do home no seu domicilio con signos de morte violenta

A muller confesou o crime, polo que foi detida 

EFE/Miguel Toña EFE/Miguel Toña
G24.gal 30/01/2026 12:05 Última actualización 30/01/2026 13:31

A Ertzaintza detivo esta mañá unha muller de 55 anos acusada de matar a súa parella, un home de 67 anos de idade, no seu domicilio do barrio bilbaíno de Uribarri, segundo informaron fontes do Departamento vasco de Seguridade.

Axentes da Policía vasca desprazáronse ata o domicilio da parella tras recibir un aviso dun presunto homicidio pasadas das dez da mañá deste venres, e atoparon no interior da vivenda o corpo do home con claros síntomas de sufrir unha morte violenta.

A muller, que tamén se atopaba no domicilio, confesou aos ertzainas que ela matara a súa parella, polo que foi detida como autora do homicidio.

A Ertzaintza abriu unha investigación para determinar as circunstancias en que se produciu o crime.

Ao mediodía, a detida foi conducida nun coche patrulla a dependencias policiais custodiada por varios ertzainzas.

Varios axentes de investigación e da Policía Científica permanecen no interior da vivenda para recoller evidencias do crime.

A vítima rexentaba un bar no barrio, onde residía desde hai moitos anos, segundo sinalaron varios veciños. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade