Trump, ferido en Pensilvania nun mitin en que faleceron dúas persoas
Dúas persoas morreron, entre elas o presunto agresor, que foi abatido polo Servizo Secreto
O expresidente foi evacuado con sangue nunha orella e xa recibiu a alta
O presidente dos EUA Joe Biden condenou o ataque

O precandidato republicano e expresidente dos EUA, Donald Trump, foi evacuado do mitin que ofrecía na tarde deste sábado en Butler, Pensilvania, despois de que se escoitaran tiros no lugar e que ao parecer chegaron a ferilo.
Trump foi evacuado a pé do escenario, no que levaba só 10 minutos, con restos de sangue na orella dereita.
Minutos despois de que o expresidente fora evacuado tras escoitarse os disparos, a campaña de Trump emitiu un comunicado en que afirmaba que se encontraba “ben”. Diversos medios locais apuntan que Donald Trump volveu en avión privado a Nova York tras recibir a alta nun hospital local onde foi atendido.
O presidente dos EUA, Joe Biden, telefonou a Trump para se interesar polo seu estado condenou o ataque sufrido polo seu rival nas eleccións presidenciais de outono. Nunha comparecencia de prensa, Biden afirmou que "non hai lugar para este tipo de violencia nos Estados Unidos".
A oficina do FBI de Pittsburg confirmou que o expresidente Donald Trump sufriu un "intento de magnicidio" por parte dun tirador que foi abatido e que aínda non foi identificado.
Donald Trump winces, reaches for his neck and ear area as shots ring out during a rally in Butler, PA
— Robert Jimison (@RobertJimison) July 13, 2024
Before he is rushed off stage by Secret Service Trump raises a fist toward the crowd which starts chanting “USA! USA! USA!” pic.twitter.com/dnnS8isVWe