Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha estratexia conxunta, a esperanza ante os cancros máis complicados

Unha estratexia conxunta, a esperanza ante os cancros máis complicados

Radioterapia, inmunoterapia e nanomedicina poténcianse usándoas ao tempo

G24.gal 29/04/2023 13:26 Última actualización 29/04/2023 13:36

Os investigadores galegos que buscan respostas fronte ao cancro subliñan que un dos aspectos máis interesantes da radioterapia, a inmunoterapia e a nanomedicina é que son ferramentas que se poden potenciar usándoas ao tempo.

"Pode ser unha estratexia conxunta que nos axude a tratar tumores que son moi complicados", explica o investigador do CIMUS Marcos García Fuentes.

Marcos García Fuentes puntualiza que ademais de mellorar a supervivencia dos pacientes andan tras terapias máis dixididas e, por tanto, con menos impacto negativo.

"A nanomedicina si que conseguiu, por exemplo, nalgunhas quimioterapias reducir os efectos secundarios".

O equipo que coordina este investigador do CIMUS descubriu hai anos nanopartículas capaces de chegar a tumores no cerebro e levar fármacos xenéticos, pero aínda non deu pasos adiante por falta de recursos.

"Requírense ao mellor dez ou vinte millóns de euros para conseguir que algo que tes no laboratorio poida pasar unhas fases clínicas para despois chegar ao paciente, e iso é moi difícil sen unha empresa que estea apoiando", afirma García Fuentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade