Cargando resultados...
Esther López, enterrada no cemiterio de Traspinedo
Están por coñecer os resultados definitivos da autopsia

G24.gal
09/02/2022 14:18
En Traspinedo, familiares, amigos e veciños asistiron ao funeral de Esther López, a muller desaparecida durante 25 días e que este sábado apareceu morta á beira dunha estrada nas proximidades desta localidade valisoletana.
Despois da cerimonia relixiosa, os restos mortais de Esther recibiron sepultura no cemiterio da poboación.
Á espera de coñecer os resultados definitivos das probas enviadas ao Instituto Nacional de Toxicoloxía, a Garda Civil trasladouse onte de novo á zona para buscar máis evidencias que aclaren se a morte foi accidental ou causada por outra ou outras persoas.