Publicador de contidos
Publicador de contidos

Esther Castedo: "Tiñamos a espiña cravada da temporada pasada, que non puidemos gañala"

Esther Castedo: "Tiñamos a espiña cravada da temporada pasada, que non puidemos gañala"

A xogadora do Ensino valora o triunfo na Copa Galicia

G24.gal 01/10/2023 14:59

Como boa final que se prece, o encontro entre Uni Ferrol e Ensino tivo emoción, alternancias no marcador e intensidade ata o bucinazo final. Tras un bo arrinque departamental o terceiro cuarto foi chave para o triunfo lucense, que suma así a cuarta Copa Galicia da súa historia.

Esther Castedo atendeu ao Galicia en goles tras a entrega de trofeos

"Foi un partido de 40 minutos, bastante complexo, tivemos momentos de debilidade que elas aproveitaron nos tiros e transicións. O que mellor se nos da é correr e entramos nunha dinámica moi positiva. Aproveitamos eses momentos. A defensa é chave, o noso lema é ese, ter que defender para logo poder correr. Que o rival non estea cómodo. Tiñamos unha espiña cravada do ano pasado no que non puidemos gañar esta Copa Galicia".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade