Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda pon cifras á vaga de incendios: Galicia extingue entre 30 e 35 incendios diarios

Rueda pon cifras á vaga de incendios: Galicia extingue entre 30 e 35 incendios diarios

O presidente da Xunta di que seguirán sendo "implacables" cos incendiarios

Na provincia de Ourense están activos de forma simultánea 6 dos 7 incendios que en Galicia superan as 500 hectáreas

 

O presidente da Xunta visita o Centro de Coordinación Central de Defensa contra os Incendios forestales. (EFE/Xurxo Martínez)
G24.gal 13/08/2025 14:37 Última actualización 13/08/2025 22:48

Na provincia de Ourense están activos de forma simultánea 6 dos 7 incendios que en Galicia superan as 500 hectáreas. 

Alfonso Rueda explica que "este mes está a ser moi complicado. Dende que comezou o mes de agosto os servizos da Xunta de Galicia extinguen entre 30 e 35 incendios diarios. Son 250 máis que no mesmo período do ano pasado".

A maioría destes incendios son intencionados. O presidente Rueda insiste en que se persegue a todos os incendiarios: "A maioría dos incendios son provocados por persoas que os prenden. Insisto en que seguiremos sendo implacables cos incendiarios". 

Rueda agradece o traballo dos equipos de extinción e pídelles aos veciños das zonas afectadas que sexan prudentes e respecten as indicacións dos expertos que están sobre o terreo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade