Estados Unidos volve bombardear Irán tras un incidente en Ormuz
A República Islámica anunciou o peche desa vía marítima "ata novo aviso"
Estados Unidos lanzou esta madrugada unha nova vaga de bombardeos contra Irán, despois de que o réxime dos aiatolás atacase un buque mercante, con bandeira de Chipre, que transitaba polo estreito de Ormuz. Trátase da terceira ofensiva contra a República Islámica esta semana.
Segundo o Comando Central estadounidense, o ataque iraniano contra o portacolectores provocou un incendio no barco e danos na sala de máquinas. Ademais, un membro da tripulación está desaparecido.
Pola súa banda, a República Islámica anunciou o peche desa vía marítima "ata novo aviso" e advertiu de que responderá a calquera intento estranxeiro de reabrila.
A crise agrávase apenas unhas semanas despois da sinatura dun memorando de entendemento entre ambos países para frear as hostilidades e garantir a libre navegación pola zona.