Publicador de contidos

Publicador de contidos

Estabilízase o incendio das Hurdes e a poboación evacuada regresa á casa

Estabilízase o incendio das Hurdes e a poboación evacuada regresa á casa

A localidade de Ovejuela mantén o nivel 2 de perigosidade

Os efectivos da UME abandonan Estremadura e regresan á súa base de Torrexón

Varios traballadores das Brif na zona afectada. EFE/ATBRIF
G24.gal 21/05/2023 14:31 Última actualización 21/05/2023 18:00

Mellora a situación nas Hurdes e a serra de Gata. O incendio está estabilizado, a UME xa se retirou da zona e os veciños desaloxados están volvendo ás súas casas, agás os de Ovejuela. Nesta localidade mantense o nivel 2 porque o incendio non está controlado.

Moitas das persoas evacuadas pola perigosidade do incendio xa pasaron a primeira noite na súa casa. Case todas volveron nos seus coches, agás un grupo pequeno, que contrataron un autobús.

Este domingo a cruz vermella está trasladando as persoas maiores, as máis vulnerables e os dependentes que estaban nun centro da Moraleja. E nas próximas horas, varias ambulancias e vehículos adaptados levarán as 14 persoas que foron realoxadas en residencias de maiores.

Tamén a Unidade Militar de Emerxencias, con 250 efectivos despregados en Estremadura para apoiar os labores de extinción, comezaron a retirarse e regresaron á súa base de Torrexón.

O incendio está estabilizado e desactivouse o nivel 2 de perigosidade. A partir de agora serán os efectivos do plan contra os incendios forestais da Xunta de Estremadura os que seguirán traballando na extinción do lume e vixiando que non se reactive, especialmente en Ovejuela.

As primeiras estimacións apuntan a que o incendio arrasou 9.000 hectáreas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade