Esquerra Republicana de Cataluña terá que ir a unha segunda volta para elixir a dirección
Esquerra Republicana de Cataluña terá que ir a unha segunda volta para elixir a dirección
A candidatura de Oriol Junqueras recibe o 48,3 por cento dos votos
A candidatura liderada polo expresidente de Esquerra Republicana de Cataluña, Oriol Junqueras, gañou a consulta na que a militancia elixía a nova dirección. O triunfo de Junqueras foi claro, pero insuficiente para evitar unha segunda volta.
Junqueras superou o 48 por centos dos votos, pero non chegou á metade máis un
O 81 por cento dos militantes de Esquerra Republicana de Cataluña participaron na votación electrónica celebrada este sábado. A lista gañadora, a encabezada por Oriol Junqueras, recibiu máis do 48 por cento dos votos. En segunda posición quedou a candidatura liderada por Xavier Godás, que recibiu o 35,3 por cento dos votos.
A segunda volta, entre Junqueras e Godás, celebrarase o 14 de decembro
Como ningunha lista conseguiu máis do cincuenta por cento dos votos, as dúas máis apoiadas, as de Junqueras e Godás, competirán nunha segunda volta o próximo 14 de decembro.