Publicador de contidos

Publicador de contidos

Esperas de ata unha hora no terceiro día de folga no aeroporto de Baraxas

Esperas de ata unha hora no terceiro día de folga no aeroporto de Baraxas

Un día máis, aconséllaselle a quen teña que voar desde o aeroporto madrileño que cheguen con moita antelación e que facturen a súa equipaxe de man para axilizar o paso polo filtro de seguridade

Segundo Iberia, uns 1.900 pasaxeiros perderon os voos que debían coller nos dous primeiros días de paro

EFE/ Fernando Villar
G24.gal 16/09/2025 11:44

Os pasaxeiros que acoden este martes ao aeroporto de Baraxas teñen que esperar polo menos unha hora para poder pasar os controis de seguridade no terceiro día da folga indefinida convocada por un grupo de vixilantes de seguridade da empresa Trablisa.

Un día máis, aconséllaselle a quen teña que voar hoxe desde o aeroporto madrileño que cheguen con moita antelación e que facturen a súa equipaxe de man para axilizar o paso polo filtro de seguridade, onde hai longas colas de pasaxeiros desde as 7:00 da mañá.

Segundo os datos facilitados a EFE desde Aena, as colas están a fluír mellor hoxe que en días anteriores, e o punto con máis tempo de espera é o control da T4, con "arredor de 20 minutos". A situación está mellor no resto das terminais, engaden.

Os tempos de espera chegaron aos 90 minutos durante a xornada de onte e a de antonte, o que provocou que, segundo Iberia, uns 1.900 pasaxeiros perdesen os voos que debían coller.

Segundo explicou Trablisa, encargada dos controis de seguridade de pasaxeiros e equipaxe de man en Baraxas, son 21 os traballadores dos máis de 850 que velan pola seguridade do aeroporto quen convocou unha folga que a empresa pide que se declare ilegal "por defectos formais e materiais" e porque coincide coa folga de traballadores do Grupo Sureste, encargado da seguridade da equipaxe en adega.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade