O colexiado castiga un Celta que acaba caendo na prórroga (3-1)
O equipo vigués adiantouse no marcador cun gol de Paciencia
Larsen e Carles Pérez caeron na área en xogadas que Munuera non entendeu como penalti
Marchesín foi expulsado na prórroga e Hugo Mallo tivo que xogar como porteiro
Comezou ben o partido para o Celta con bos achegamentos de Gabri Veiga e Carles Pérez. No minuto 15 Gonçalo Paciencia desviaba na área pequena un remate de Óscar Rodríguez. O gol era froito dos merecementos que acreditara o cadro galego.
Señor, dame Paciência.
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) January 3, 2023
Se adelanta el @RCCelta. #LaCopaMola pic.twitter.com/WKXTMzLtWe
O Celta estivo moi sólido e durante corenta minutos case non sufriu achegamentos do equipo de Diego Martínez. Só no treito final o ímpetu españolista fixo que se afundise moito no seu campo o cadro vigués concedendo centros laterais e algún córner.
O Español meteu tres trocos no segundo tempo (Óscar Gil, Melamed e Aleix Vidal) e a presión fíxose maior. Aos 54 minutos un centro de Melamed rematouno á rede Javi Puado.

Logo do empate o partido volveu equilibrarse. Beltrán e Aspas tiveron boas ocasións para o Celta pero a xogada que puido marcar a eliminatoria chegou no minuto 84 cando Strand Larsen caeu na área nun claro derrubo que Munuera Montero (sen posibilidade de VAR) non estimou como pena máxima.
🧐 ¿Penalti sí o no? ¿Qué os parece?#LaCopaMola pic.twitter.com/eZsxWDf2BB
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) January 3, 2023
Levababamos sete minutos da prórroga cando Sergi Darder anotou o segundo gol do Español, unha xogada na que Marchesín protestou insistentemente unha posición de fóra de xogo.
Darderismo Ilustrado.
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) January 3, 2023
El gol de Darder para la remontada del Espanyol. #LaCopaMola pic.twitter.com/rLUqWhuPrd
Aínda quedaba unha xogada máis para a polémica cunha caída na área de Carles Pérez na que Munuera volveu mirar para outro lado. Para colmo de males Marchesín foi expulsado a oito minutos de final e, cos trocos xa feitos, Hugo Mallo tivo que poñerse como porteiro, circunstancia que aproveitou Melamed para marcar o 3-1.