Cargando resultados...
España roza o risco alto cunha incidencia de 290 casos
Dende o venres notificáronse 43.800 novos contaxios, 78 falecidos e a transmisión subiu 42 puntos
G24.gal
08/12/2021 08:20
Os contaxios seguen aumentando no conxunto de España, que xa está case en risco alto, con 290 casos por cada 100.000 habitantes
O Ministerio actualizou os datos esta noite. Dende o venres notificáronse 43.800 novos contaxios, 78 falecidos e a transmisión subiu 42 puntos. Tamén segue subindo, aínda que lenta, a ocupación nas UCI, e xa supera o 10 %.
Seguen preocupando sobre todo País Vasco, cunha incidencia que roza os 900 casos, e Navarra. As dúas están en risco extremo e a transmisión segue disparada.
O Goberno insiste en que as vacinas e a máscara son as medidas máis eficaces para cortar os contaxios e descartan restricións para o Nadal.