España queda emparellada con Alemaña, Xapón e o gañador do Costa Rica-Nova Zelandia
Celebrouse o sorteo do Mundial de Qatar que para a selección española comezará o 23 de novembre diante do gañador da eliminatoria entre Costa Rica e Nova Zelandia

Dous claros favoritos no grupo de España para o Mundial de Qatar. A selección española e Alemaña, o equipo máis forte do Pote 2 que lle tocou en sorte aos de Luis Enrique.
O terceiro en discordia será Xapón, unha selección á que nunca se mediron nun partido oficial. O cuarto equipo non se coñecerá ata o mes de xuño cando Costa Rica e Nova Zelandia xoguen a eliminatoria que leve a un destes dous equipos á cita mundialista.
Do resto de grupos destaca o de Portugal con Ghana, o Uruguai e Corea ou o de Brasil, que terá como rivais a Serbia, Suiza e Camerún.
The #FIFAWorldCup groups are set 🤩
— FIFA World Cup (@FIFAWorldCup) April 1, 2022
We can't wait! 🏆#FinalDraw pic.twitter.com/uaDfdIvbaZ
