Publicador de contidos

Publicador de contidos

España pode soportalo, por Venancio Salcines

OPINIÓN

España pode soportalo, por Venancio Salcines

Venancio Salcines 27/06/2025 08:03

Donald Trump, a nivel económico, é de ideas simples, tanto que soamente sabe falar de aranceis. E, curiosamente, pensa que ten déficit comercial co mundo enteiro, incluída España. Quizais por iso, querendo castigar as decisións de gasto en defensa de Pedro Sánchez, entoou a súa canción preferida: “Máis aranceis”. O problema é que postos a facer unha guerra comercial co noso país, quen ten mais que perder son Os Estados Unidos. Véndennos preto de trinta mil millóns e nos vendémoslles sete millóns menos. A cesta é complexa, destacando as compras de petróleo e gas. Polo lado de España, as vendas susténtanse en produtos farmacéuticos, petróleo refinado e aceite de oliva.

Como quedaría España ante unha guerra comercial? Non o sabemos, como tampouco sabemos quen será o mais prexudicado. O que parece evidente é que unha política arancelaria agresiva fronte a nós non vai xerar ningunha crise no noso país. Polo contrario, destinar 50.000 millóns adicionais do noso orzamento si que tocaría todos os piares da nosa economía. É posible, ou seguro, que algúns deberían modificarse, pero non na intensidade nin co ritmo que desexa Trump para o noso país.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade