Publicador de contidos

Publicador de contidos

España declara tres días de loito oficial pola morte do papa Francisco

España declara tres días de loito oficial pola morte do papa Francisco

Pedro Sánchez destaca "o seu compromiso coa paz, a xustiza social e os máis vulnerables"

Feijóo amosa o seu pesar polo pasamento de Francisco, "o papa que falaba español" e que "a piques estivo de peregrinar a Santiago de Compostela" 

O presidente da Xunta expresa as súas condolencias "á Igrexa e a quen hoxe sente a súa marcha", e sinala: "A súa figura deixa unha pegada inesquecible na historia recente"

O mundo chora a morte de Francisco, o papa dos pobres

Arquivo/Vatican Media/Europa Press Arquivo/Vatican Media/Europa Press
G24.gal 21/04/2025 10:29 Última actualización 22/04/2025 08:26

O Goberno decidiu declarar tres días de loito oficial, desde este luns e ata o mércores, pola morte do papa Francisco, falecido este luns aos 88 anos de idade.

Así o anunciou nunha declaración institucional desde Moncloa o ministro de Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes. Félix Bolaños sostén que o pontificado de Francisco "supuxo un impulso renovador e reformista" para a Igrexa católica que "deixará un legado para a historia", e destacou del "a súa loita contra a desigualdade e as inxustizas", o seu "combate contra o cambio climático" e a súa preocupación "por todos os que están nas periferias". "Morreu un gran papa", concluíu.

O presidente, Pedro Sánchez, lamenta o pasamento do pontífice e afirma que deixa un legado "profundo". Na súa conta de X, o mandatario español pon o acento no seu "compromiso coa paz, a xustiza social e os máis vulnerables".

A vicepresidenta segunda, Yolanda Díaz asegurou que o Papa Francisco, foi "un gran embaixador do traballo decente, da paz e da xustiza social". Nunha mensaxe na rede social 'Bluesky', encomiou ao Pontífice por utilizar a súa posición "para impulsar un mundo mellor".

Feijóo lamenta o falecemento de Francisco, "o Papa que estivo a piques de peregrinar a Santiago de Compostela"

O presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, expresou tamén o seu pesar polo pasamento do pontífice. Na súa conta de X tivo palabras para o Papa "que falaba español" e que "a piques estivo de peregrinar a Santiago de Compostela". 

Tamén nas súas redes sociais, o líder de Vox, Santiago Abascal, manifestou: "Unímonos ás oracións de millóns de católicos pola alma do Papa Francisco".

Rueda: "A súa figura deixa unha pegada inesquecible na historia recente"

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, lamentou a morte do papa Francisco, falecido este luns na súa residencia, e destacou a súa "pegada inesquecible" en todo o mundo. "Sentimos a perda da súa santidade o papa", escribiu Rueda, en galego, na súa conta da rede social X.

Na súa mensaxe asegura que a figura do papa Francisco "deixa unha pegada inesquecible na historia recente e en millóns de persoas en todo o mundo" e expresa as súas "condolencias á Igrexa e a quen hoxe sente a súa marcha", antes de terminar cun "descanse en paz".
 

Tras o Consello de la Xunta, Rueda manifestou, asímismo, o seu pesar e o da maioría do pobo galego porque "con independencia das crenzas relixiosas" considera que o papa Francisco "supoñía unha figura de talla mundial que botaremos de menos" e cre que "deixa un gran pesar" na inmensa maoría da sociedade galega.Ademais, o presidente autonómico ha lamentado "moitísimo", que "por motivos de saúde" o papa non puidese acudir a Santiago de Compostela.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, transmitiu a súa solidariedade "a todas as persoas que senten a fe católica" e destacou que Francisco foi "unha figura singular dentro do Vaticano que apostou pola paz e a defensa dos dereitos civís".

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, falou de Francisco como "un home de paz, diálogo e compromiso cos máis vulnerables" e di que del lembraremos "a súa última mensaxe a favor dos migrantes e dos marxinados".

Quen foi arcebispo de Santiago entre 1996 e 2023, Xulián Barrio, expresou na TVG o seu pesar pola morte do pontífice e, sobre a elección do seu sucesor, manifestou: "O señor vainos dar a persoa que necesita a Igrexa neste momento".

Francisco faleceu este luns aos 88 anos ás 7:35 horas na súa residencia da Casa Santa Marta. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade