Escudero e Petxarroman completan os laterais do Deportivo
O vasco foi presentado en Abegondo e Escudero anunciado polo club como novo xogador deportivista
O Deportivo presentou a súa última fichaxe, o lateral dereito Alex Petxarroman. O ex-xogador do Andorra definiuse como un futbolista polivalente que se pode adaptar ás dúas bandas. O da canteira da Real Sociedade estivo acompañado polo director deportivo, Fernando Soriano, quen avanzou que en breve haberá novas incorporacións.
A primeira é a de Sergio Escudero (1989). O lateral esquerdo chega procedente do Valladolid no que xogou as dúas últimas temporadas. O ano pasado na Segunda División xogou 33 partidos como titular e marcou tres goles nun equipo que acadou o ascenso directo. Escudero ten unha ampla traxectoria no fútbol de elite. Xogou no Schalke 04, Xetafe ou Sevilla.
Para Soriano hai dúas prioridades, un porteiro e un centrocampista. E tampouco desbota un dianteiro para completar o cadro, que regresa á Segunda División despois de catro temporadas no inferno da terceira categoría do fútbol español.