Escotet: "Non descansaremos ata que o equipo volva a Primeira División"
Escotet: "Non descansaremos ata que o equipo volva a Primeira División"
Asegurou que os cambios levados a cabo nas últimas semanas no Deportivo eran obrigados
O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet, asegurou durante a presentación de resultados da entidade financeira, que os cambios levados a cabo nas últimas semanas no Deportivo eran obrigados tras os fracasos deportivos dos últimos anos.
"Os cambios eran indispensables. Son para mellor"
"É un equipo que ten a obriga de volver á categoría elite, leva catro anos fóra do fútbol profesional e iso hai que cambialo con toda celeridade", explicou o empresario venezolano.
"O que ratifico, e é a mensaxe que lle podemos mandar á afección, é que o noso compromiso é de longo prazo e non descansaremos ata que o equipo volva a Primeira División", sostén.
A de Escotet, é a primeira explicación que desde o máximo accionista ou desde os responsables do Deportivo realízase tras todo o ocorrido por mor do fracaso de Castelló.