Publicador de contidos
Publicador de contidos

Escolares dos catro colexios de Viveiro visitan as antigas minas de ferro da Silvarosa

Escolares dos catro colexios de Viveiro visitan as antigas minas de ferro da Silvarosa

Esta viaxe ao pasado estivo organizada pola Cámara Mineira de Galicia

Félix Aragunde 21/05/2024 14:22 Última actualización 21/05/2024 14:36

O alumnado de sexto de primaria dos catro colexios de Viveiro viviron unha auténtica viaxe ao pasado. Tiveron unha visita guiada ás antigas minas de ferro da Silvarosa, unha actividade organizada pola Cámara Mineira de Galicia.

As instalacións desta mina estiveron en funcionamento ata os anos 60. Chegaran a ser das máis importantes de Europa, debido á gran cantidade de mineral que se extraía delas.

"De finais do século XIX ata 1966, cando pechou definitivamente, extraíanse lousas cun alto contido en ferro. Sacábase un mineral, chamado magnetida, que é un óxido de ferro, e exportábase a outros países", explica Irene Pérez, xeóloga.

"Meu pai traballou, e traballou meu avó, que veu de Santiago, dunha mina de volframio, e aquí quedou. Moita da xente de aquí é filla de xente que veu traballar a esta parroquia", relata Camilo Arias, presidente da comunidade de montes de Viveiro.

O alumnado pasou por un túnel que fora aberto polos mineiros O alumnado pasou por un túnel que fora aberto polos mineiros

Nesta visita interpretada, os escolares pasárono como ananos adentrándose nun túnel que os mineiros tardaran 30 anos en abrir. Na mina chegaron a traballar máis de medio milleiro de persoas.

"Teñen cerca das súas vivendas un patrimonio mineiro que é espectacular. E tamén abrirlles os ollos o que é a minería hoxe en día", di Arantxa Prado, directora da Cámara Mineira de Galicia.

A actividade divulgativa, chamada 'O meu primeiro xeolodía', contou co apoio dos comuneiros da parroquia de Vieiro, que son os donos das vellas minas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade