Publicador de contidos

Publicador de contidos

Escasean os tests de antíxenos nas farmacias tras regularse o seu prezo

Escasean os tests de antíxenos nas farmacias tras regularse o seu prezo

Nalgunhas boticas tiveron que vender os tests de antíxenos de stock por debaixo do custo

G24.gal 22/01/2022 15:43

Case esgotados os tests de antíxenos unha semana despois de que se regulara o seu prezo nas farmacias.

 O mesmo que pasa na maioría das boticas, os únicos tests de saliva que teñen son os que asigna o Sergas a cada neno.

O problema que atopan moitos proxenitores é que cando van recoller o que lles corresponde ao seu fillo xa non quedan, e teñen que volver ao día seguinte.

Estoutra farmacia é unha das poucas nas que aínda teñen tests de saliva para a poboación xeral. O seu titular explícanos o motivo da escaseza.

O prezo dos tests de antíxenos, tanto os nasais coma os de saliva, quedou regulado o sábado pasado en 2,94 euros.

Esta regulación disparou a venda nas farmacias destes tests e supuxo que moitos profesionais tiveran que vender o seu stock por debaixo do seu custo.
 


 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos