Publicador de contidos

Publicador de contidos

ERC ve "moi verdes" as negociacións para investir a Pedro Sánchez

ERC ve "moi verdes" as negociacións para investir a Pedro Sánchez

Os independentistas dan por feita a amnistía, pero piden avanzar na autodeterminación

O PSOE insiste en que calquera acordo pasa polo encaixe constitucional

Pedro Sánchez reuniuse con organizacións da sociedade civil á espera de selar o acordo cos independentistas
G24.gal 18/10/2023 13:59

A conselleira da Presidencia da Generalitat, de ERC, asegura que as negociacións co PSOE para a investidura de Pedro Sánchez están "aínda moi verdes".

Os republicanos dan por feito que haberá amnistía pero reclaman avances noutros eidos coma a autodeterminación para resolver "o conflito político" e en cuestións relacionadas co benestar dos cidadáns coma o traspaso de Rodalies (proximidades) ou o déficit fiscal. 

Os socialistas ven o vaso medio cheo. O ministro da Presidencia en funcións, Félix Bolaños, asegura que as negociacións "seguen avanzando" e sae así ao paso das voces que din que están encalladas. Bolaños sinala que se está traballando duro e garante que todo o que se pacte será "impecable" desde o punto de vista constitucional. 

Os socialistas admiten que as negociacións son difíciles e complexas pero sosteñen que seguen a liña que se pensaba desde o comezo. Non se marcan datas para rematalas. O único límite temporal é o 27 de novembro, a data máxima para evitar unha repetición electoral. Polo tanto, nin agora están paralizadas, nin antes avanzaban tan rápido, sosteñen desde o Goberno. 

Mentres agarda que frutifiquen os contactos, Pedro Sánchez, segue escoitando a sociedade civil. Este mércores reuniuse con organizacións educativas, ecoloxistas e científicas. Tempo de espera que mantén paralizada a actividade política no Congreso. E o PP denuncia que non é casual. Acusan a presidenta Armengol de secuestrar a cámara en beneficio do PSOE. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade