Un microbús envorca sobre as rochas en Cabo Silleiro, Oia, e catro persoas resultan feridas
Un microbús envorca sobre as rochas en Cabo Silleiro, Oia, e catro persoas resultan feridas
O microbús perdeu o control nunha curva, chocou contra a mediana e foise contra as rochas
O accidente está sendo investigado polo destacamento de Tráfico do Porriño
Foi un particular o que alertou o 112 ás 10:05 da mañá deste venres. O suceso tivo lugar en Cabo Silleiro, no concello pontevedrés de Oia, no punto quilómetro 22 da PO-550
Ao parecer o microbús caeu nunha zona de rochas e está nunha posición inestable. Segundo informou o 112, dúas persoas quedaron atrapadas e tiveron que ser excarceradas, a condutora e unha pasaxeira, e outros dous ocupantes fóra.
A primeira chamada de alerta fíxoa un mariñeiro que desde a súa embarcación víu o microbús caer polas rochas. Unha pedra freou o avance do vehículo que de caer fóra dese lugar as consecuencias serían máis graves.
As catro persoas que viaxaban no vehículo, tres pasaxeiras máis a condutora, resultaron feridas de diferente consideración, pero as súas vidas non corren perigo.
O microbús perdeu o control nunha curva, chocou contra a mediana e foise contra as rochas. En total hai catro feridos.
Segundo o 112, as dúas persoas atrapadas están en estado consciente. O microbús fai a liña regular entre Vigo e A Guarda. O vehículo pertence á empresa Lugove, encargada desa liña regular
Ata o lugar acudiron varias ambulancias para trasladar ás vítimas a hospitais de Vigo. Garda Civil de Tráfico e Baiona, Bombeiros do GES do Porriño, GES do Val Miñor e Policía Local de Baiona tamén foron ata o lugar do sinistro.
O accidente está sendo investigado polo destacamento de Tráfico do Porriño. Contra a unha e cuarto da tarde o bus foi izado das pedras por un guindastre.
