Publicador de contidos

Publicador de contidos

Entrega das distincións galegas ao mérito deportivo 2022

Entrega das distincións galegas ao mérito deportivo 2022

A Xunta entregou 106 recoñecementos

G24.gal 05/10/2022 21:00 Última actualización 05/10/2022 21:31

A igrexa de San Domingos de Bonaval foi o escenario da entrega das distincións galegas ao mérito deportivo 2022. Entre os galardoados están David Cal, Álvaro Pino e os exfutbolistas Jorge Otero e Míchel Salgado. Tamén foron distinguidos clubs e sociedades deportivas que van dende o Celta de Vigo ao Samertomaleu ou ao club de tiro de Eiroás.

Cento seis distincións ao mérito deportivo nun mesmo ano parecen moitas, pero é que o deporte galego é moito. De par do panteón de galegos ilustres sonou o "We Are the Champions" para os Cal, Otero, Bermúdez ou o exárbitro de fútbol Raúl García de Loza, que viron recoñecida así a súa traxectoria.

Tanto os atletas sobre a pista como os seus adestratores e os clubs en que forman están incluídos na listaxe de honra do deporte galego deste 2022. O presidente da Xunta de Galicia Alfonso Rueda reivindicou o valor do deporte, dos deportistas e de quen lles axuda.

Quince das 106 distincións  ao mérito deportivo foron a título póstumo. Estefanía Martínez Figueroa, xove adestradora de fútbol sala, falecida recentemente, foi unha delas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade