Esgotadas as entradas na Malata para o Racing-Deportivo
O derbi poderá verse pola G2 e en g24.gal/deportes
O Racing informou esta tarde de que toda a capacidade da Malata se completou para o encontro que o vindeiro domingo medirá ao club verde co Deportivo. Aínda que a entidade fixara para mañá ás 19.00 horas o final da fase "amigo abonado", todas as entradas dispoñibles xa se despacharon.
Con esta iniciativa, que aínda segue activa para tribuna e preferencia, os socios do Racing podían retirar ata tres entradas a un prezo máis baixo que o do público xeral, fase que se activará este xoves.
Cabe lembrar que os abonados non terán que pagar nada máis a maiores por ver este partido, Día do Club. Só terán que pagar as localidades que compren aparte.
🚨OFICIAL🚨
— Racing Club Ferrol (@racingferrolsad) April 11, 2023
👉Esgotadas tódalas entradas👈
💚💚Grazas💚💚#AMalataSeraVerde pic.twitter.com/4pXff7BjQz