Publicador de contidos
Publicador de contidos

En Vilagarcía a Policía Nacional celebra o seu bicentenario cunha exposición

En Vilagarcía a Policía Nacional celebra o seu bicentenario cunha exposición

A mostra reúne material actual e histórico na praza da Peixeiría

Inclúe documentos e instrumental vinculado á comisaría local creada en 1926 

Medio milleiro de escolares visitaron a mostra coa guía dos propios axentes

G24.gal 12/01/2024 15:29 Última actualización 12/01/2024 18:28

Os membros da Policía Nacional de Vilagarcía fan de guías pola súa propia historia, que este ano cumpre xa dous séculos. Reflicten ese período na exposición que armaron na praza da Peixeiría, coa colaboración do Concello. 

"Temos efectos, uniformes, vehículos e cousas tanto antigas como modernas para amosar ao público o percorrido da policía durante estes anos", explica o inspector xefe da comisaría de Vilagarcía, Luis Hombreiro.

Con axuda de imaxes de arquivo e do instrumental que se conserva na comisaría de Vilagarcía recrean tamén a historia desde que este corpo policial se asentou na capital da Arousa en 1926.

O inspector xefe da policía arousá, Luis Hombreiro, destaca que se pode ver a primeira cámara que se usou na comisaría local e outros recursos da Policía Científica ou dos que empregaban en investigación para facer escoitas, vixilancia ou seguimentos. 

Entre os uniformes destaca o da Policía motorizada de Tráfico, unha competencia que agora é responsabilidade da Garda Civil, pero que a mediados do século pasado estaba a cargo da Policía. O traxe foi cedido por un policía arousán xubilado, Javier Porras, que colaborou tamén con outras achegas para a mostra.  

Durante a mañá do venres visitaron a Peixería medio milleiro de escolares dos centros educativos de Vilagarcía. Pola tarde mantense aberta para ao público xeral e suma un par de conferecias e un peche musical. 

Fotografía histórica dos primeiros efectivos da Comisaría de Vilagarcía Fotografía histórica dos primeiros efectivos da Comisaría de Vilagarcía
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar