Publicador de contidos

Publicador de contidos

Preocupa a suba de casos de embarazadas sen vacinar en Portugal

Preocupa a suba de casos de embarazadas sen vacinar en Portugal

Na área sanitaria do Porto hai unha embarazada non vacinada ingresada na UCI en estado moi grave

É a cuarta nesta mesma situación dende o mes de outubro

G24.gal 11/01/2022 21:00

En Portugal os sanitarios están preocupados porque están identificando cada vez máis embarazadas sen vacinar. Canda este dato aumenta tamén os casos graves de covid que necesitan hospitalización.

Realmente é algo que os especialistas non acaban de descifrar: por que hai un gran número de mulleres embarazadas que prefiren non vacinarse.

Hai profesionais da saúde que denuncian a existencia de médicos e enfermeiras que mesmo ofrecen resistencia a vacinalas.

Actualmente, por exemplo, na área sanitaria do Porto hai unha embarazada non vacinada ingresada na UCI en estado moi grave.

É a cuarta nesta mesma situación dende o mes de outubro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos