Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia aínda non acadou o pico de contaxios da 'triplademia'

Galicia aínda non acadou o pico de contaxios da 'triplademia'

A gripe, a covid e bronquiolite están a causar un preto do 80 % das consultas

G24.gal 14/12/2022 14:38

Un bebé de tres meses faleceu esta madrugada en Salamanca a consecuencia dunha bronquiolite, a principal complicación derivada do virus respiratorio sincital. Este virus forma parte da 'triplademia' xunto coa gripe e a covid.

En Galicia continúan mendrando os ingresos derivados destas infección víricas. Especialmente nas áreas sanitarias de Vigo e na de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras. E crese que aínda non chegamos ao pico de contaxios. 

As consultas médicas atenden a diario pacientes por covid, por gripe e polo virus respiratorio sincitial, que ten como principal complicación a bronquiolite nos nenos. 

O 80 por cento das consultas médicas están relacionadas con procesos respiratorios derivados da chamada 'triplademia'. Tamén preocupa o incremento de infeccións por estreptococo A. 

Lorenzo Armenteros, voceiro da Sociedade Española de Medicina Xeral e de Familia, di que "a Covid deixouno moi debilitados inmunitariamente e como consecuencia temos unha maior fraxilidade para calquera tipo de infección respiratoria".

A mellor arma segue a ser a vacinación. Armenteros lembra que ata o 30 de decembro podemos vacinarnos da gripe e anima a facelo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade