Publicador de contidos
Publicador de contidos

En estado crítico o pai da familia morta no incendio e outro dos feridos

En estado crítico o pai da familia morta no incendio e outro dos feridos

A outra supervivente da familia, a filla máis pequena, está no Materno Infantil da Coruña en estado grave

Hai outros tres feridos máis na UCI de Povisa

G24.gal 11/10/2023 20:52 Última actualización 11/10/2023 21:03

Só dous membros da familia se salvaron da traxedia: o pai e a filla máis pequena. A nena de 8 anos, a menor de todos os irmáns, está en estado grave. Ten queimaduras de terceiro grao e permanece na UCI pediátrica deste Hospital Materno Infantil. Alí van atendela os especialistas da Unidade de Queimados do CHUAC, que é o centro de referencia en Galicia para este tipo de feridos.

A pequena salvou a vida grazas a que seu pai a meteu dentro da roupa e saíu á cornixa con ela, de onde foron rescatados polos bombeiros. Nun primeiro momento a nena foi evacuada a Povisa e de alí ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, pero, debido á gravidade das lesións, decidiron o seu traslado ata este hospital  materno infantil da Coruña.

O resto dos feridos no incendio foron atendidos en Vigo. Ata o Hospital Povisa foron trasladados os feridos máis graves. Entre eles o pai da familia. O home, está na UCI,  o seu estado  é crítico, hai outro ferido máis co mesmo prognóstico.

En Povisa hai outros 3 feridos ingresados na UCI polo incendio.  Un con evolución moi favorable, outro con evolución favorable e un terceiro estable. Son os únicos feridos que seguen ingresados.

O resto dos lesionados que precisaron traslado aos hospitais xa foron recibindo a alta ao longo do día. Tamén os  dous feridos leves que estaban no Álvaro Cunqueiro. E está xa na casa, un dos bombeiros de Vigo que participou no operativo. 

No lugar da traxedia, ás portas do edificio incendiado, os equipos de urxencias atenderon sete persoas feridas. Non precisaron  ser trasladados a un centro hospitalario debido a que as lesións que presentaban non revestían gravidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade