Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta remonta no Coliseum (1-2) e xogará a Europa League oito anos despois

O Celta remonta no Coliseum (1-2) e xogará a Europa League oito anos despois

O Xetafe adiantouse axiña cun gol de Borja Mayoral

Os vigueses empataron antes do descanso por medio de Borja Iglesias

Iago Aspas culminou a remontada no treito final cun gol que deixa 7º ao conxunto de Claudio Giráldez

G24.gal 24/05/2025 19:58

Minuto a minuto

Ás 21:00h comeza o partido do Coliseum. Xetafe-Celta, cos vigueses á busca de pechar a súa clasificación para as competicións europeas. Este é o XI inicial do equipo de Claudio Giráldez

E este é o XI inicial do equipo de Bordalás, que non se xoga nada no envite

1'

Comeza o partido no Coliseum. Xetafe 0-0 Celta

6'

A primeira é para o Celta. Remata Ilaix desde lonxe, e o balón sae lixeiramente desviado

11'

GOL do Xetafe. Marca Borja Mayoral despois dun erro na saída do balón de Guaita. Xetafe 1-0 Celta

 

24'

Alfon recibe en profundidade, pero o seu centro chut non chega a destino

25'

GOOOOOOOOOOOL do Celta!!!!! Iago Aspas asiste a Borja Iglesias, que non perdoa diante da saída de Soria!!! Xetafe 1-1 Celta, e o equipo vigués volve aos postos europeos

37'

Houbo falta sobre Alfon. E Martínez Munuera, despois de revisala no VAR por se era dentro da área, indica que non houbo nada

45+1'

Ocasión para Borja Iglesias, que se revolve na área e tira cruzado. Despexa Soria

45+4'

Córner a prol do Celta que saca Marcos Alonso no primeiro pau. Remata Aspas, arriba

45+7'

Descanso no Coliseum. Xetafe 1-1 Celta. Este resultado e os empates do Raio e do Osasuna, manteñen sétimo ao Celta, que disputaría a Europa League

46'

Comeza a segunda metade no Coliseum. Xetafe 1-1 Celta

50'

Contra do Celta pola dereita, centra Borja Iglesias e Soria anticípase a Alfon

55'

Centra Marcos Alonso desde a esquerda, e Iago Aspas cabecea de xeito defectuoso desde dentro da área pequena

58'

Ocasión de Alfon, saca Soria a córner

59'

Javi Rodríguez cabecea alto á saída do córner

61'

Outra boa parada de Soria logo dunha internada de ALfon desde a esquerda. O remate final foi de Marcos Alonso

80'

GOOOOOOOOOOOOOL do CELTAAAA!!!! Centro de Williot desde a esquerda, e remata Iago Aspas entrando desde atrás para remontar o partido e consolidar o sétimo posto do equipo vigués, que disputaría a Europa League

90'

Expulsado Domingos Duarte por unha entrada sobre Pablo Durán cando marchaba cara a portería. O árbitro cambiou a cor do cartón logo de consultalo co VAR. Queda con 10 o Xetafe para os 7 minutos de engadido

90+3'

Xogada persoal de Fer López, que remata desde lonxe e rexeita David Soria

90+7'

FINAAAAAAAAAL do partido en Xetafe. O Celta remontou o tanto inicial de Borja Mayoral e, cos goles de Borja Iglesias e Iago Aspas, certifica a súa clasificación para a Europa League oito temporadas despois!!!!!!

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos