Publicador de contidos

Publicador de contidos

Claudio cambia o estilo do Celta e atopa o premio da vitoria (1-2)

Claudio cambia o estilo do Celta e atopa o premio da vitoria (1-2)

Carles Pérez e Strand Larsen marcaron no segundo tempo e remontaron o tanto inicial de En Nesyri

O Celta apostou polos canteiráns, tivo un 65% de posesión e protagonizou 18 remates

G24.gal 17/03/2024 12:54 Última actualización 17/03/2024 16:04

Minuto a minuto

Ás 14:00 h comeza o partido do Sánchez Pizjuán. Este é o primeiro XI inicial de Claudio Giráldez. Os dous Hugos, Hugo Sotelo e Hugo Álvarez, titulares:

 

E este é o XI do Sevilla:

 

1

Comeza o partido no Sánchez Pizjuán. Sevilla 0-0 Celta.

3

Combina en ataque o Celta e acaba cun remate cruzado de Aspas. Declaración de intencións do equipo de Giráldez.

10

Saíu o Celta con moita personalidade no partido, disposto a mandar... pero un erro no inicio dunha xogada custoulle o primeiro susto en defensa.

12

Cabezada imponente de En Nesyri, que vai alta

14

Agora é Bamba o que busca o disparo desde a frontal, toca nun defensa e acaba en córner

18

1-0 Erro de Unai Núñez que non desaproveita En Nesyri para encarar e superar a Guaita

 

24

Cae na área En Nesyri, pero na repetición semella ser a falta fóra. Hernández Maeso non indica nada e desde o VAR non interveñen.

29

Hugo Álvarez remata desviado desde a frontal. E malas novas cos problemas físicos para Manquillo. Ten que entrar Carles Pérez.

32

Tiro agora de Fran Beltrán que toca na defensa e acaba en córner.

39

Tivo o gol Strand Larsen!!!! Boa xogada do noruegués na área que acaba salvando o porteiro do Sevilla

42

Carles xoga con Bamba, deixa a Beltrán e o remate peta na defensa. O Celta manda no partido.

43

Outra de Larsen!!!! Que pase de Aspas maxistral pero Larsen atópase con Nyland.

45

Unha máis do Celta!!!! Agora é Sotelo o que remata lixeiramente cruzado

Tempo de lecer no Pizjuán. Dominio absoluto do Celta (73 % de posesión e 8 remates a porta) pero sen eficacia en ataque. 

46

Comeza a segunda metade!!!!

47

Salva Guaita!!! Man a man de Isaac que deten cos pés o porteiro do Celta. Moi clara para marcar o segundo.

52

Que pase de Hugo Álvarez a Aspas!!!! O capitán remata cruzado por moi pouco!!!

57

Balón en profundidade cara Strand Larsen pero o seu remate non atopa a portería!!! Outra máis do Celta

58

Agora é Hugo Álvarez o que busca un remate de rosca e atrapa Nyland... E a resposta do Sevilla noutro erro de Unai tamén é moi clara nas botas de Isaac. Está tolo o encontro!!!!!

60

O Celta está emborcado e o Sevilla tivo unha dobre ocasión para sentenciar. Guaita salvou o tiro de Isaac e Ocampos rematou fóra.

62

Que parada de Guaita a Lukebakio!!! Son minutos nos que o porteiro do Celta está a manter o equipo no partido

68

Ao campo Starfelt e Jailson por Carlos Domínguez e Hugo Sotelo

72

1-1 GOOOOOOOOLAZOOOO de Carles Pérez. Recibe na dereita, canea e lanza un disparo que sorprende a Nyland!!!!

78

1-2 GOOOOOOOOL DE STRAND LAARSEN!!!! Centro desde a esquerda de Bamba e, agora sí, Strand Larsen acerta a marcar o segundo 

82

Cae Lukebakio diante de Starfelt... A xogada está a ser revisada polo VAR. E Hernández Maeso anula o penalti!!!!!!

92

Estamos no engadido, controla o Celta a situación sen pasar apuros

97

Joan Jordán, a piques de marcar á saída dun córner.

98

FINAAAAAL NO PIZJUÁN. Paso de xigante do Celta para a salvación. Deixa o Cádiz a cinco puntos logo dun triunfo de moito mérito. Claudio cambiou o estilo deste Celta e tivo o premio da vitoria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos